Credits

PERFORMING ARTISTS
Xabier Díaz
Xabier Díaz
Performer
Adufeiras de Salitre
Adufeiras de Salitre
Performer
COMPOSITION & LYRICS
Xabier Díaz
Xabier Díaz
Composer

Lyrics

Nin por saber que marchabas,
nin por saber que partías
cicatrizou a ferida.
Buscareite na volta da noite;
perdereime no medio do día;
seguirei nas estrelas do ceo,
as pegadas daquela alegría.
E, se non atopara o camiño,
beberei esta pena infinita,
bailarei esta desesperanza
sobre un campo con mil margaritas.
Deixaches na miña porta
doce cravos encarnados,
regueinos cos mil penares
que por ti teño chorado.
Ai, agora vas polo mundo;
ai, esfarelando as túas penas;
ai, aprenderás para sempre:
ai, non as fagas, non as temas.
Ai, non as fagas non as temas;
ai, non me veñas con tristezas;
ai, do peito funte sacando,
ai, tamén da miña cabeza.
Pagarei a penitencia
como náufrago perdido,
as augas do mar maior
pasarei arrepentido.
Written by: Xabier Díaz
instagramSharePathic_arrow_out

Loading...