Muziekvideo

Credits

PERFORMING ARTISTS
SES
SES
Performer
COMPOSITION & LYRICS
Maria Xose Silvar Fernández
Maria Xose Silvar Fernández
Songwriter

Songteksten

Boto en falta unha ilusión Que me reconvirta en min Que, sen querer, me perdín Pensando que me salvaba Boto en falta a quen amaba E aquel tempo que soñei Estando esperta e pensei Que de ti me alimentaba. Boto en falta a túa voz A túa cara e a alegría As horas devaluadas E até a túa covardía E non son quen de lembrar As navallas e as mentiras E non se asenta o rancor E de min non te retiras. Hoxe xa non hai dor Non hai sangue brotando Mais hai medo de sentir E de non voltar sorrir E de seguirte esperando Hoxe xa non hai dor Xa non choro berrando Mais hai medo de sentir E de non voltar sorrir E de seguirte esperando A tristura xa marchou Colonízame a desgana Eu que tiña fe pagana En ser fénix e voar E coa forza do espertar Abrazar o vitalismo Espertei no mesmo abismo Máis valera non soñar. Se por volverte bicar Sucumbise aos meus instintos Se de todos os delitos Cometese o de voltar A fatiga e o penar Sufriría resignada Porque vivo condenada A non poderte olvidar. E hoxe xa non hai dor Xa non choro berrando Mais hai medo de sentir E de non voltar sorrir E de seguirte esperando Hoxe xa non hai dor Non hai sangue brotando Mais hai medo de sentir E de non voltar sorrir E de seguirte esperando.
Writer(s): Maria Jose Silvar Fernandez Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out