Music Video

Credits

PERFORMING ARTISTS
Ezetaerre
Ezetaerre
Performer
COMPOSITION & LYRICS
Miguel Garcia
Miguel Garcia
Songwriter
Pedro Iglesias
Pedro Iglesias
Songwriter
Juan Pirola
Juan Pirola
Songwriter

Lyrics

Isto é unha historia que saíu dunha mesilla Dunha lámpada, do insomnio, da foto da pandilla Da nostalxia na máis crúa madrugada Nun sistema no que durmen ata as esperanzas Houbo que se consolou, "outro tempo foi mellor" Será temor? Medo a un futuro peor Coa inocencia do neno busco culpas e matices Por que somos tan novas pra ser tan infelices? Non é derrotismo nin deixamos de soñar Pero a realidade apreta e non deixa respirar Vendo a foto dos colegas, confirmo a teoría Dime ti, como constrúo a miña vida? "Vive el día a día", "Improvisa, sé tú mismo" A miseria non é xusta por pintala de Optimismo Mr. Wonderful morreu na depresión do paro A avaricia do banco matou ao príncipe azul Pasa do milagre español e do soño americano Son falsas ilusións, os que soñan son os mercados Dime a que aspiramos, se nos queren arrastrados I en contrato temporal para lucro do empresario E o tempo, iso non hai quen o pare E o sol asoma entre as cortinas ata a miña mesilla Á que emigrou, á precaria, quen inspira este caderno Sodes a causa e a razón pra vencer ao inverno Faci fred, plogui o nevi, hi hagi pau o repressió Alçarem punys i banderes cap a un futur millor Faga frío, chova ou neve, haxa paz ou represión Alzaremos as bandeiras para un futuro millor Quan no és el mar el que ens ofega Ni un petó el que ens silencia Quan la por és més furtiva La jove s'organitza combativa A la companya que no pot estudiar A la que treballa per molt poc A la que o menja o s'independitza La del fred, la set i la foscor A la companya de puny i consciència A la que no es desanima A la que quan té molta ràbia La transforma en energia Quan és la justícia que ofega I la llei que ens silencia Quan l'esperança és l'activa La jove s'organitza combativa Faci fred, plogui o nevi, hi hagi pau o repressió Alçarem punys i banderes cap a un futur millor Faga frío, chova ou neve, haxa paz ou represión Alzaremos as bandeiras para un futuro millor Baixo a luz do día é máis dura a confesión Xa non pode escapar do mundo cando sae o sol Escoito á miña nai que enreda na cociña Fai café e tostadas a modo de benvida Benvida sexa a miña nai e a súa forza nesta vida Tamén o seu exemplo pra vencer a desidia Son tempos complicados para mentes nostálxicas Pero teño a fortuna de vivir entre heroínas Algunhas ao meu lado, ou cruzando o Atlántico Pero sempre ao meu carón nos momentos dramático Vin a Ángela sorrir contra o paramilitar Escoiteille berrar: "¡Antes morir que abandonar!" Teño irmaos na emigración, traballando por dous duros Tamén vexo as frustracións das que non atopamos curro E aínda así, no medio da locura Vexo aflorar o apoio mutuo pra rachar coa tristura A cousa está na empatía, en non ser o guía En saber que na trincheira teño á miña familia A xente coa que construír, mudar o mundo de base Do global ata min cando hai que deconstruírse Veña, si, sexamos novas por un rato Vivamos no mandato de exercer o desacato E nas mozas do mundo, que quede a lembranza De que no medio da barbarie, somos a esperanza Faci fred, plogui o nevi, hi hagi pau o repressió Alçarem punys i banderes cap a un futur millor Faga frío, chova ou neve, haxa paz ou represión Alzaremos as bandeiras para un futuro millor
Writer(s): Juan Pirola, Miguel Garcia, Pedro Iglesias Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out