Lyrics

Despois de tanto frío xa tardaba este verán E invaden a terriña eses turistas alemáns Mollando a sardiña nun cacho de pan Que aquí non se pide paella, paspán Non son illas Caimán este grande paraíso Aínda que o queiran converter noutro luxo para ricos Cemento e pelotazo, tópicos tan típicos Galiza tropical éche sitio distinto Noite, lúa, estrelas sobre a area Berrarlle a ese pavo que está a roncar na sesta Perreo salvaxe co son das orquestras Nin piche no mar, nin lume na foresta Protesta! Que xa chega o trebón Que non te pille vendo a televisión Dá noxo o seu xogo de especulación Outro desaloxo, outra okupación Pintarmos nas nubes lembranzas e soños Volta á rutina, non quero máis choros Coidarnos, vivirmos sen pensar no como Se temos apertas que agarde este outono Balcóns e turistas moi ben non casan Non sei se é un paxaro ou é un avión Pronuncias Sangenjo con aires da Castellana? Vas ir directiño a un gulag en Benidorm Non é verán de Estrella Damm É o verán da working class Collimos forzas todo o ano Para expropiarlles o verán Non é verán de Estrella Damm É o verán da working class Collimos forzas todo o ano Para expropiarlles o verán Nós non imos a Cancún que a pasta non sobra Toca traballar, nin cruceiros, nin tumbonas Queremos que a Solana sexa pública pra todas E se isto non se arranxa... Bomba! Queda ti no iate, eu na praia ao atardecer Nadando en San Amaro cun frío que corta a pel Outro festival no que se pon a chover E o cabrón do Antonio que non pensa aparecer Non sei se son camareiro ou escravo Tres meses de explotación e din que baixa o paro Hoy no hay contrato Soño dunha noite dun curro precario Un partido cos colegas á luz do serán E co son dunha canastra cunha rede de metal Expropiaremos cada casa en primeira liña de mar Fódete, Maluma, este é o tema do verán Pintarmos nas nubes lembranzas e soños Volta á rutina, non quero máis choros Coidarnos, vivirmos sen pensar no como Se temos apertas que agarde este outono Loitar nesta vida pasando do drama Fuxindo dos guiris queimados ao sol Que é iso que toma o calvo da Panorama? ¡No! ¡Azúcar no! Non é verán de Estrella Damm É o verán da working class Collimos forzas todo o ano Para expropiarlles o verán Non é verán de Estrella Damm É o verán da working class Collimos forzas todo o ano Para expropiarlles o verán Espertamos da resaca cun tema de Georgie Dann Aires de Caribe Mix entre as Ketchup e Chayanne Unha sesta co Tour pegado ao ventilador Que esta noite imos de esmorga como ingleses en Salou Yo sí quiero montarme en tu velero Poñer rumbo a Lampedusa e asaltar un patrulleiro Pra vivir mediterraneamente O mar é o cemiterio dunha Europa indiferente Vente a construír outro verán As festas libres de acoso xa non poden agardar Non máis xentrificación, nin turismo colonial Non máis curro veraniego, inestable e temporal E Jordi Cruz a currar nun chiringuito A tres euros á hora e sen dereito a finiquito Primo, cadaquén na súa función Tourist go home and refugees welcome Pintarmos nas nubes lembranzas e soños Volta á rutina, non quero máis choros Coidarnos, vivirmos sen pensar no como Se temos apertas que agarde este outono Picantes coma os pementos de Padrón Contemos historias pra rir a cachón Manel Navarro, o teu tema é un mojón 2018, Ezetaerre a Eurovisión Non é verán de Estrella Damm É o verán da working class Collimos forzas todo o ano Para expropiarlles o verán Non é verán de Estrella Damm É o verán da working class Collimos forzas todo o ano Para expropiarlles o verán
Writer(s): Juan Pirola, Miguel Garcia, Pedro Iglesias Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out