Credits
PERFORMING ARTISTS
Guadi Galego
Performer
COMPOSITION & LYRICS
Guadi Galego
Songwriter
Vic Moliner
Songwriter
Pau Brugada
Songwriter
Lyrics
Soñar un horizonte,
beber curiosidade,
medrar sen ser máis alta,
ulir a túa memoria,
bicar sen rozar pel.
Remar sen ter un rumbo,
gozar por puro goce,
saber que chegará.
Retar a quen te morde
sen ter remordementos
de ser o que non es
Remar sen ter un rumbo,
gozar por puro goce,
sentir que ha chegar.
Creo na inspiración tardía,
nos faros sen lanterna,
creo en ti.
Creo no despiste constante,
na ilusa loita,
sempre creo en ti.
Faime un sinal aínda que sexa sen falar,
tratarei de entender que é o momento de escapar.
faime un sinal aínda que sexa sen falar,
tratarei de entender que é o momento de escapar.
Entrar na rúa do medio,
sentar na 8 de Marzo
para mirarte pasar,
petar na porta grande,
sen agardar xa máis.
Fundirse nun abrazo,
brincar por puro vicio,
querernos ben.
Sentir a túa memoria,
saber que chegará.
Creo na inspiración tardía,
nos faros con lanterna.
Creo en ti...
Creo no despiste constante,
na ilusa loita,
sempre creo en ti.
Creo na rebeldía con amor,
creo na vida propia,
creo en ti.
Creo na inxusta malfadada,
na tola das historias...
A un infinito verán,
a un mundo sen disfrace,
a unha praia deserta.
A un porto con abrigo,
un paraíso acendido onde poder berrar.
Written by: Guadalupe Cribeiro Galego, Pau Brugada, Vic Moliner