音乐视频
音乐视频
制作
出演艺人
Dios Ke Te Crew
表演者
Javier Mourón Figueroa
混音师
作曲和作词
Javier Mourón Figueroa
词曲作者
Marcos Couso Sánchez
词曲作者
Julio Negueruela Vázquez
词曲作者
制作和工程
Dios Ke Te Crew
制作人
Javier Mourón Figueroa
录音工程师
Juait
母带工程师
歌词
Aqueles ollos xa os vira,
tiñan a maxia da serpe que xira.
Cría que nunca sentira
tal remuíño tremendo nas tripas.
Ollábame como se me coñecera
dende que eu era un meniño,
podía sentir o cariño,
a paixón, a atracción, o meu sino.
Xa...
Xa...
Xa o vivín...
Déjà vu.
Non...
Non...
Non o vivín...
Jamais vu.
Atopo unha pedra no meu camiño,
atopo outra pedra que xa non esquivo,
a mesma pedra, o mesmo destino,
pedra do muro que xa non derribo.
Vivo no bucle do erro, errante eterno,
o ciclo non cerro, gravado a ferro,
tropezo e berro:
nacemos o día do noso enterro.
Xa...
Xa...
Xa o vivín...
Déjà vu.
Non...
Non...
Non o vivín...
Jamais vu.
Semella unha falla na reixa da valla,
unha tara na malla da tea da araña,
unha alfaia na borralla,
unha agulla que brilla entre a palla.
Greta, fenda, fiestra aberta
á sabedoría ancestral secreta,
fonte eterna da natureza,
única e certa verdade suprema.
Xa...
Xa...
Xa o vivín...
Déjà vu.
Non...
Non...
Non o vivín...
Jamais vu.
Adéntraste no intre,
adéntrome no intre,
entramos neste intre
no que todo se repite.
Adéntraste neste intre
no que sintes que existes, sintes
que o tempo xa non minte
e sabes que nunca máis se repite.
Adéntraste no intre,
adéntrome no intre,
entramos neste intre
no que todo se repite.
Sintes os tempos,
non mintes, non finxes,
só sintes os intres
máis certos, máis perto da fin.
Xa...
Xa...
Xa o vivín...
Déjà vu.
Non...
Non...
Non o vivín...
Jamais vu.
Written by: Javier Mourón Figueroa, Julio Negueruela Vázquez, Marcos Couso Sánchez