Credits
PERFORMING ARTISTS
Xurxo Fernandes
Performer
COMPOSITION & LYRICS
Xurxo Fernandes
Songwriter
Songtexte
Vouvos contar unha historia terrible
Acontecida na parroquia de Bembibre
Era un piollos soberbio e malvado
A todo o mundo tiña aterrorizado
Era un piollos soberbio e malvado
A todo o mundo tiña aterrorizado
Un día por alí pasou
Un lobo bravo e feroz
Enfrontouse co piollos e mandoulle unha patada
O piollos revolveuse e sacou unha navaia
Deulle sete puñaladas, unha delas foi mortal
A que lle causou o lobo unha morte fatal
Véndose o lobo pola morte arrabiado
Foi dar aviso á autoridade de contado
Siñor Alcalde, naquel cumio pendente
Hai un piollos ca aterroriza a xente
Siñor Alcalde, naquel cumio pendente
Hai un piollos ca aterroriza a xente
Unha meiga hai que chamar
Para ver onde pode estar
Sapos, cobras e coruxas, almas da Santa Compaña
Onde un salgueiro deitado, alí está ese canalla
Mandados polo concello, saíron tres cazadores
Para llegar morte ao piollos que andaba nos arredores
Estaba o piollos no lugar indicado
Cabo do río fumando un grande cigarro
Era un piollos soberbio e malvado
A todo o mundo tiña aterrorizado
Era un piollos soberbio e malvado
A todo o mundo tiña aterrorizado
Se mandades a buscar
Pois sabedesme encontrar
Foi tan rápido o piollos co seu trabuco na man
Que nun punto os cazadores mortos caíron no chan
Muleres, homes e nenos, tende moita precaución
Que pode vir o piollos, lavade vos coixambrón
Written by: Xurxo Fernandes