クレジット
PERFORMING ARTISTS
Faia Díaz
Lead Vocals
Antía Ameixeiras
Violin
COMPOSITION & LYRICS
Faia Díaz
Songwriter
PRODUCTION & ENGINEERING
Faia Díaz
Producer
Hevi
Producer
歌詞
Paseábase Malvela
da sala pra o ventanal
con delores de parida
que a fan arrodillar.
Prados verdes, prados verdes,
prados verdes de meu pai!
Quen me dera estar agora
no colo da miña mai.
Ela sae por unha porta,
el entra polo portal.
Parirei onda mi madre,
non pasarei tanto mal.
Don Berso marcha tras dela,
non a pode alcanzar.
Quen é o que peta aí,
que é tan forte no petar?
As portas sonche de ferro
e son malas de crebar,
Dona Alvela está de parto
e non se pode ensinar.
Baixa abaixo, Malveliña,
non me fagas enfadar.
Muller parida dunha hora,
como se ha de levantar?
Baixa abaixo, Malveliña,
non me fagas enfadar,
que se alá arriba eu subo
ha de ser co meu puñal.
Déame a roupa, miña mai
que me quero arroupar.
Unha muller ao seu marido,
non se lle pode negar.
Déame a enagua, miña mai
do máis miúdo pregar,
que unha muller ao seu marido,
non se lle pode negar.
Tres horas en se vestir,
tres horas en se calzar,
tres horas lle ía levando
as escaleiras baixar.
Adiós casa de mis padres,
xentiña deste lugar
escaleiras que baixei,
non as hei volver baixar.
El montouna no cabalo,
sete leguas foi andar
e ao cabo das sete leguas
o neno empeza a chorar.
Abre os peitos, Malveliña,
dálle ao neno de mamar.
Muller parida dun día
pouco leite ha de dar.
Abre os peitos, Malveliña,
non me fagas enfadar,
unha muller ao seu meniño
non se lle pode negar.
Ao cabo das sete leguas
deu a Malveliña un ai!
Ti que levas, Malveliña,
ti que levas, Malvelar?
Ou me levas moito medo,
ou me levas moito mal.
Non che levo moito medo,
que che levo moito mal.
Mira prá cola do teu cabalo,
como a levas a rodar.
Mira prá herbas do campo,
van pintadas de azafrán.
Mira que neno bonito,
que floriña de cereixal.
Non te queixes, Malveliña,
non te queixes, Malvelar.
Non te queixes, Malveliña,
non te queixes, Malvelar.
Written by: Faia Díaz