歌詞

Baixar da furgoneta no cabo de Ortegal Lembrando aquel vello poema xusto antes de tocar. Ou no Bierzo galego, coa xente do lugar Ceando xuntos nas pallozas na noite de San Xoan. Verbas de mariñeiro na praia de Massó, Mentres o sol quenta con raiba os guindastres de Teis. Revolta no Berbés, mantendo Vigo en pé. CIDADE PROLETARIA! Historias dunha terra de cuncas e de mar Que xuntos coñecemos nas voltas que a música nos dá. Camiña e facer camiño. Escoitar, aprender e compartir. As dornas de Combarro loitando contra o mar. Ou as gamelas de Ares que nunca naufragarán. Tratorada en Chantada cun frío que nin dios. Resistencia en Montealto e unha nova okupación. Mencer en Carballiño, coma sempre sen un can. Ir vendo crecer a Iñaki a golpes de Rock&Roll. A mocidade activa do noso Val Miñor BERRA para facerse oir. Historias dunha terra de cuncas e de mar Que xuntos coñecemos nas voltas que a música nos dá. Camiña e facer camiño. Escoitar, aprender e compartir. Facendo camiño ao andar nas voltas que a música Nos dá, na cabeza. Amizade, xente ceibe coma o vento Ou as ondas do mar. Un vento rebelde que vén de lonxe. Agora nós nomeámo-lo furacán. E agora que sone a música da colectividade Coas suas historias de cuncas, terra, dignidade e mar. Salvaterra do Miño, Riotorto, Pardiñas, Cangas, Ordes, Poulo, Manselle, Montealto, Monteferro, O Courel... A nosa música é do pobo e é para o pobo!! Historias dunha terra de cuncas e de mar Que xuntos coñecemos nas voltas que a música nos dá. Camiña e facer camiño. Escoitar, aprender e compartir.
Writer(s): Francisco Javier Fernandez Abreu, Gabriel Reigosa Centelles Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out