Teledysk
Teledysk
Kredyty
PERFORMING ARTISTS
Mondra
Performer
Martín Mondragón Rivadulla
Lead Vocals
COMPOSITION & LYRICS
Martín Mondragón Rivadulla
Songwriter
PRODUCTION & ENGINEERING
Hevi
Producer
Tekst Utworu
Peixe bailador
libre nas correntes
non hai pescador
con cebo que te tente
Quero e ti non picas
quero e non te prendes
ríndote, salpicas
na iauga te defendes
Brillan no remanso
pintas de ouro e prata
é tempo de descanso,
pero pronto atacas
Un depredador
único no río
eu podo ser a presa
se te desafío
Como se colea
o peixe no río
como se colea
o teu corpo, amigo
Oio o meu instinto
pídeme que escape
eu non me resisto
e deixo que me atrapes
Lévasme ata a fondo
quítasme para fóra
téntote no xogo
e son eu quen afoga
Se queres que me meta,
móllame primeiro
que unha vez mollado
xa me meto enteiro
Se queres que che cante,
méteme no río
co corpo mollado
eu canto que asubío
Written by: Martín Mondragón Rivadulla


