Credits

Lyrics

A VIZOSA, PRACIBRE CECEBRE
Teño unhas doces suidades,
Que m’están magoando sempre;
Pois pr’onde queira qu’eu vaia,
Por Andeiro ou por Paderne,
Por Mabegondo ou por Mandaio,
Por Figueroa ou por Quembre,
Con suspiros saudosos
Meu corazón esmorece,
Cando me ven á memoria,
A vizosa, pracibre Cecebre.
Certo é boa a terra d’Orto,
É boa a terra de Crendes;
Mais con todo, cando paso
Pl’os seus veirales pracentes,
Un non sei qué m’é triste,
Un non sei qué m’é alegre
Sinto aló no corazón,
Que de suidades fallece,
Cando me ven á memoria,
a vizosa, pracibre Cecebre.
Eme doce o son dos pinos,
Cando paso preto d’eles,
Antre Anceis e Sarandóns,
Cando o luceiro s’encende:
Tamén me é doce escuitar,
Baixando pl’a Costa de Herves,
O ledo río de Súmio,
Que se queixa brandamente.
Mais n’hai no mundo unhas augas
Tan falangueiras, correntes,
Nin fungar coma o dos pinos
Da vizosa, pracibre Cecebre.
instagramSharePathic_arrow_out

Loading...