Lyrics

Non censuramos a nosa mensaxe Non toleramos tanto intolerante Hoxe estouramos cun berro xigante Aquí non se rinde nadie Lacaio traidor, serve e protexe Lei de Talión pra quen mata á súa xente Non hai perdón, o pobo non esquece Ollo por ollo e dente por dente Temos lume invicto que prende a barricada Nace en Beirut, Quito e Via Laietana No metro de Chile, na foto da miliciana Cando calar é un crime xa non vale equidistancia Cando o vello mundo camiña cara a fin Somos a insurxencia que aínda está por vir Houbo pedras no camiño e moito infeliz Pero a esperanza sempre estivo aí Hai fame, sede, medo e o ceo está máis gris Pero é o momento de saltar ó ring Soan as alarmas estamos en camiño oh A conciencia está calma nun prefacio clandestino Soan as alarmas, voan adoquins Insurxencia por vir Non vale agocharse se pegan ós nosos Que sempre nos teman neste corpo a corpo O baile dos rojos é duro e perigoso Coma un foguete no helicóptero dos Mossos Privatizan beneficios e pagamos nos as perdas Iso non o tapan nin farrapos nin bandeiras Non hai tregua xamais na contenda Porque vida só hai unha, pero a dignidade é eterna Desperta xa esta fera e berra nesta guerra que lle espera Non sopesa as consecuencias cando a paz é cousa etérea Xa semella unha quimera, sempre en garda, estade alerta Chega a nósa quenda, queda a veda aberta Cando o vello mundo camiña cara a fin Somos a insurxencia que aínda está por vir Bate neste espello, o tempo frea aquí Cando o desalento senta canda ti Hai fame, sede, medo e o ceo está máis gris Pero é o momento de saltar ó ring Soan as alarmas, estamos en camiño oh A conciencia está calma nun prefacio clandestino Soan as alarmas, voan adoquins Insurxencia por vir Pedro Sánchez decía que ofrecía un Ministerio de Juventud Este tío no se ha enterao' de nada Si ya tenemos miles y miles de Ministerios de Juventud Están en las asambleas de los intitutos Están en los sindicatos Están en el movimiento feminista, en el movimiento ecologista En el poder popular están los Ministerios de Juventud Soan as alarmas, estamos en camiño oh A conciencia está calma nun prefacio clandestino Soan as alarmas, voan adoquins Insurxencia por vir
Writer(s): Juan Sebastián Pirola Lorenzo, Miguel Garcia Valdeón, Pedro Iglesias Fernandez Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out