Lyrics

Xusto aquí Foi onde medraron as bolboretas Que foron xuntando as letras Da nosa revolución Foi xusto aquí, No campo no que xogan as estrelas E onde as pedras molladas berran que hai unha guerra que non rematou Onde a ilusión da primeira asemblea Regala miradas que incendian As noites eternas nas que non queremos durmir Entre sucios apuntes E fume furtivo Tragamos o medo, Pasamos á acción, E dixemos que non. Foi xusto aquí, en Compostela Resistir Neste obradoiro da identidade, Construíndo realidades que quixeron desaloxar. Xunto a ti En centros sociais e facultades Que son epicentro dun combate que non sae nas fotos das súas postais Cae o sol o 24 de xullo, Traemos a terra nos puños, O lume nos beizos E a brisa do mar nos pulmóns E lémbrome de min Baixo eses soportais Mirando na rúa ós paraugas Berrar nunca mais!! Un labirinto de sentimentos dentro de min Ó baixarme dese tren, Volven os bicos, bagoas e sorrisos, Vellas amizades e aquela canción que na tua habitación escribimos xuntas. EN COMPOSTELA!
Writer(s): Gabriel Reigosa Centelles Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out