Lyrics

Tomei o camiño máis longo, Máis longo para chegar a ti Díxenche "ponte máis perto Que non podo ver a súa fin" Topeime nun buraco estreito, Pequeño, non podía saír Pasaron os meses de inverno, Seguía sen ver a súa fin Un ruído posouse na cama, Tremín polo soño que estaba a durmir De súpeto tocoume da nada, Os zocos de ferro correron por mín A costa tornouse unha chaira, O campo das flores que veñen de abril Os pasos que dín esa noite, Mudaron a historia que estaba a escribir Esperto da noite máis longa, O soño que me fai sorrir. As flores no campo da estrela, Parece que cheira a xasmín As miñas máns polo chan, A chaira inmensa sen fin. Os zocos locen na entrada, E ti xa non eres para mín Un ruído posouse na cama, Tremín polo soño que estaba a durmir De súpeto tocoume da nada, Os zocos de ferro correron por mín A costa tornouse unha chaira, O campo das flores que veñen de abril Os pasos que dín esa noite, Mudaron a historia que estaba a escribir (Poema) Non quixera morrer Sen conducir un coche no deserto. Salta á corda na brisa dun luns, Saíndo dun after con toda a resaca que sexa posible. Pedir un cigarro ás señoras da praza Que venden repolos en cestas de vime, Quitar os zapatos E correr rúa abaixo berrando "Estou asimétrica, Que non teño menciñas, Nin Coca-Cola Light, Que te preciso coma nunca Ou sei que te quero como os personaxes Que morren nos filmes Xusto despois de descubrir o amor, Nesa caída de pálpebras Na que todo semella inxusto E fermoso á vez De súpeto tocoume da nada, Os zocos de ferro correron por mín. (Nesa caída de pálpebras Na que todo semella inxusto E fermoso á vez) De súpeto tocoume da nada, Os zocos de ferro correron por mín. De súpeto tocoume da nada, Os zocos de ferro correron por mín.
Writer(s): Victor Miquel Moliner Abos, Pau Brugada Vila, Maria Guadalupe Cribeiro Galego, Antia Diaz Otero Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out