Credits

Lyrics

Nunha mañá de febreiro ó verme tornou crisálida
I a contratempo, sen pranto arrancou do corpo a alma
Subiuna o vento mareiro polas faldas da montaña
En espiral envolvente ata o cumio, sen gadaña
Do Xiabre ollou pro mar que en vida lle foi negado
Dende as Cies ata o Grove dende Rianxo a Cambados
Voou por riba do Ulla ata Padrón e Santiago
Mais tarde virou a esquerda despois de honrar ao Santo
Pasou por Ponte Sarela, por Carballal e Quintáns
Tamén ó Alto do Vento camiño de Vilachán
Xa esta detrás da xanela pra ver aos fillos chegar
Por fin despois do camiño alá pode descansar
instagramSharePathic_arrow_out

Loading...