Credits
COMPOSITION & LYRICS
Brais Gutiérrez Ríos
Songwriter
Lyrics
Salouco Rouco
Salouco Rouco
Salouco Rouco
Salouco
Veume o salouco
E xa levaba un bo rato
Cando veu miña nai
E colleume por un brazo
"Que fas, rapás?
Índa vas afoghar!
Colle ben o aire
E deixa de saloucar!"
Ai, miña nai!
Se por -hic!- min fora
Collía o salouco e -hic!-
Botábao fóra
Pero non podo, non podo
Non dou pra máis
Se cada tres palabras
Boto un hic! hic! Ai!
Marcho da casa
Vou buscando remedios
Que me din os amigos
Pero hai falla de medios
"O que hai que facer"
Di o meu amigo Xoán
"É meter na boca
Un bo cacho de pan"
"Non, non"
Di o meu amigo Antón
"Colle aire
Aguanta a respiración"
"Ti faime caso"
Aghora é Inés
"Colle auga
E bebe do revés"
"Pasouche?"
Hic! Non!
Salouco Rouco
Salouco Rouco
Salouco Rouco
Salouco
Volvo para casa
Que hai, miña nai!
Sigo co salouco -hic!-
Éche o que hai
"Pero filliño!
Vaiche boa!
Non te lembras
Do que di a avoa?
Cando teñas salouco
A única solución
É dicir tres veces
Sen respiración :
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco rouco
Sae de min e métete noutro
Salouco
Written by: Brais Gutiérrez Ríos