album cover
TARASKA
album cover
TARASKA was released on April 29, 2026 by La Cupula Music as a part of the album TARASKA - Single
April 29, 2026
LabelLa Cupula Music
BPM95
Melodicness
Acousticness
Valence
Danceability
Energy

Lyrics

Eu quería saber irmá
Como te trata a vida alá
Xa non te vexo cada mañá
Puxenme a mirar e a lembrar
Pisei terrá compostelá
Vin dúas nenas que querían medrar
Pasei de longo a catedral
Púxenme a mirar e a pensar
Que non voltarán
Esas noites no Tarasca
Que non estaremos máis
Todos xuntos nesa casa
E pego un salto mortal
E caio en entrerrúas nun concerto
Dunha banda local
E penso: nada disto é certo
Non me vaias espertar
É que estou algo meláncolica
Pero quería falar desta historia
Ás veces oio a banda tocar
Estamos a ensaiar nunha noite de verán
Que non voltarán
Esas noites no Tarasca
Que non estaremos máis
Todos xuntos nesa casa
E pego un salto mortal
E caio na habitación na que me namorei
Está onde a deixei
Ficaría para sempre
Mais teño que volver
Written by: Alejandro 'Nat' Nateras Vázquez, Mario Villatoro Suárez, Nerea Pallarés Barca, Teo A. Casarejos Palazón

Loading...