Krediler

PERFORMING ARTISTS
SES
SES
Performer
COMPOSITION & LYRICS
Mario Benedetti
Mario Benedetti
Songwriter
Alberto Favero
Alberto Favero
Composer
Xose Lois Rivas Cruz
Xose Lois Rivas Cruz
Songwriter

Şarkı sözleri

Nunha exacta foto do diario, Señor ministro do destruír, En pleno gozo e en plena euforia E en plena risa o seu rostro aí. Serei curiosa señor ministro: De que se ri, de que se ri? Polas súas fiestras a praia vese Mais non hai vistas aos barrios ruíns. Teñen seus fillos ollos de mando Pero hai ollares só de sufrir. Aquí na rúa suceden cousas Que nin sequera podo dicir, A xente boa segue loitando, Vostedes seguen a delinquir. Por iso digo señor ministro: De qué se ri, de que se ri? Vostedes saben perfectamente A lei amarga deste País. Son crueis e duros coa nosa xente, Por que con outros son tan servís? Mentres traizoan o patrimonio Ao poderoso vanlle sorrir, Así enganan vostede e outros, Os arrastrados e os senís. Por iso digo señor ministro: De que se ri, de que se ri? Aquí na rúa os seus gardas matan E os que morren son coma min, E os que quedamos chorando rabia Só contemplamos o resistir. Aló no cárcere hai torturas E iso a nada o vai conducir, Despois de todo vostede é o pau Maior dun barco que hai que afundir Serei curiosa, sr. Ministro: De que se rí, de que se rí?
Writer(s): Alberto Favero, Mario Benedetti, Xose Lois Rivas Cruz Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out