Lyrics

Vivo coma os tipos que cantan boleros O que quero non o teño, o que teño non o quero E penso que a veces vivo e non vivo Pensando no día que non fun contigo A aquel garito, que debía ser o Blaster Porque xusto aquela noite 'taba jodido Esas mierdas pásanme bastante A min, Nuno Pico: O último romántico A veces penso que debo ser tonto Pero conto con que un día vaia cambiar E que en vez de estar pensando en papar Que ben estaría agora papando Esto é o mellor que escoitache este ano Porque sabes que che gusta e aínda encima sona raro Mundo Nuno, Mundo Nuno, é moi fácil calculalo Un pouco máis que o resto, ese é o punto exacto Cando asente a cabeza e me esforze un pouco máis Este vai ser un himno pa' os netos de teus pais Imaxina que xa vises cada cousa que vas ver Mundo Nuno, o pasado vai pasar outra vez Papando ando, bailando de noite E de día durmindo, vivindo o meu momento Momento que sinto que non aproveito Non bebo todo o que podía beber E non fodo todo o que podía foder Non me drogo e aínda non sei por que Como di o do Ameixenda: "A xente, a xente..." A xente a veces falla, papar é pa sempre Esto é o mellor que escoitache este ano Porque sabes que che gusta, e aínda encima é tan raro Se todo fose igual que o que teño eu pensado Nos billetes de cen, sairía o Hevi de lado Un mundo distinto só sería distinto Mundo Nuno non existe un puto mundo mellor! Cando teño mil opcións e non sei ben que facer Faigo coma sempre e casi sempre sale ben Esto é o mellor que escoitache este ano Porque sabes que che gusto e aínda encima son tan raro Mundo Nuno, Mundo Nuno, é difícil imitalo Un pouco máis do xusto xa sería demasiado Animando sempre á peña aun' que me caian fatal! Mundo Nuno é máis complexo do que poidas pensar Cando teño mil opcións e non sei ben que facer Teño sorte se andan cerca Dani e Xosé
Writer(s): Nuno García Pico Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out