Lyrics

Adiós Ríos, Adiós Fontes Adiós regatos pequenos Adiós vista dos meus ollos Non sei cando, non sei cando nos veremos Miña terra, miña terra Terra donde eu me criei Hortiña que quero tanto Figueiriñas que prantei Prados, ríos, arboredas Pinares que move o vento Paxariños piadores Casiña do meu contento Muiño dos castañares Noites craras de luar Campaniñas trimbadoras Da igrexiña do lugar Amoriñas das silveiras Que eu lle daba ó meu amor Caminiños antre o millo ¡Adiós para sempre, adiós! ¡Adiós gloria! ¡Adiós contento! ¡Deixo a casa onde nacín! ¡Deixo a aldea que conozo! ¡Por un mundo que non vín! ¡Deixo amigos por extraños! ¡Deixo a veiga polo mar! ¡Deixo, en fin, canto ben quero! ¡Quen pudera non deixar! Adiós, Adiós, que me vou Herbiñas do camposanto Donde meu pai se enterrou Herbiñas que biquei tanto Terriña que nos criou Xa se oien lonxe, moi lonxe As campanas do Pomar Para min ¡ai!, coitadiño Nunca máis han de tocar Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor Voume soio, sin arrimo ¡Miña terra, adiós, adiós! ¡Adiós tamén, queridiña! ¡Adiós por sempre quizais! Dígoche este adiós chorando Desde a beiriña do mar Non me olvides, queridiña Si morro de soidás Tantas légoas máis adentro ¡Miña casiña! ¡Meu lar! Adiós Ríos, Adiós Fontes Adiós regatos pequenos Adiós vista dos meus ollos Non sei cando nos veremos Non sei cando nos veremos
Writer(s): Ramon Farran Sanchez, Prudencio Romo Gonzalez, Rosalia De Castro Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out