album cover
301
album cover
301 was released on February 27, 2026 by dotbeat! as a part of the album Aquí sempre tes casa
February 27, 2026
Labeldotbeat!
BPM132
Melodicness
Acousticness
Valence
Danceability
Energy

Lyrics

301, A, 02, ves como vai?
Cando bate a marea contra os muros da miña gorxa?
0+ afogando na beira do mar
Tanteando nas ondas
Aprendendo a nadar
180 graos, vou cara atrás, ves como vai?
Aínda teño cicatrices onde a pel xa madurara
Peito que me pesa como fago para respirar?
Obsesionada coa caída sen chegar a saltar
24 horas xa case está, ves como vai?
Non é certo que as gaivotas van a terra cando hai tormenta?
Dame un mal augurio e abandono antes de empezar
O correcto é cuestionalo, mais dá reparo chegar
180 graos xa case está, ves como vai?
Aínda peco de indecisa co dilema máis que resolto
Ai, parte do problema é a pena do residual
Persuadíndome que nada vai mal
Parte do problema é a pena do residual
Persuadíndome que nada vai mal
301 A, 02, ves como vai?
Ah, como vai?
180 graos, vou cara atrás, ves como vai?
Aínda teño cicatrices onde a pel xa madurara
Peito que me pesa como fago para respirar?
Obsesionada coa caída sen chegar a saltar
Written by: Dani Cornes
instagramSharePathic_arrow_out􀆄 copy􀐅􀋲

Loading...